Xa chega o Samaín! É hora de disfrazarse, decorar cabazas e contar historias de medo. Nesta ocasión poderedes escoitar un “inquietante” relato curto e dúas lendas moi propias da nosa cultura e dos nosos devanceiros celtas que, ademais de entreter e asustar, contribuirán un pouquiño a manter as nosas tradicións. Trátase da lenda de orixe celta “Jack Lanterna” e da lenda popular galega da “Santa Compaña”.