Algúns nenos e nenas da clase de 3º xunto con Haylee (a nosa auxiliar de conversa) gravamos un programa de radio falando sobre a comida. Neste programa titulado "food" poderedes apreciar como nos imos desenvolvendo coa lingua inglesa a través desta conversa que mantemos.
Un grupo de nenos e nenas de terceiro veñen á radio para presentarnos e recomendarnos uns libros que leron. Estes libros gustáronlle moito e pasaron un moi bo rato con eles. Por iso, queren compartilos con nós para que nos animemos a coñecelos. Desexan que sigades os seus consellos e tomedes nota destes títulos.
Estamos no 50 aniversario do Centro gravando un programa coa profe Cova, con Haylee (a nosa auxiliar de conversa) e dous alumnos do centro (Sergio e Anxo Abal). Aquí reflexionan sobre a traxectoria do cole repasada neste acto e explican os sentimentos vividos hoxe.
Atopámonos no 50 aniversario do Centro cun grupo de alumnos e alumnas que xa saíron do cole hai uns cuantos aniños. Por suposto, non atoparon o cole igual que como o deixaron. Iso, xunto co que implica unha xuntanza de varias xeración e con xente que non ven a miúdo, fixo aflorar unha serie de sentimentos que aquí nos contan.
Na clase de Lingua Castelá elaboramos unha entrevista na cal a entrevistada responde ás cuestións do entrevistador sobre a celebración do 50 aniversario do centro que tivo lugar esa fin de semana. Agardamos que a xente que non puido vir teña aquí unha oportunidade para coñecer algúns aspectos desa festa.
Estamos na celebración do 50 aniversario do noso centro. Aquí, Anxo Abal (un alumno que actualmente cursa 6º de Educación Primaria) xunto con outros nenos e nenas que acaban saír do cole hai pouco tempo, gravan un programa na radio explicando vivencias actuais e pasada.
3ª parte do programa sobre o proxecto do colexio presentado polos alumnos de 5º: Unha viaxe polo retrato de 13 grandes pintores.
2ª parte do programa sobre o proxecto que presentamos no colexio: Unha viaxe polo retrato de 13 grandes pintores.
1ª parte do programa sobre o proxecto que presentaron os alumnos de 5º no colexio: Unha viaxe polo retrato de 13 grandes pintores.
1ª emisión de radio dos alumnos de 5º de primaria. Trataron o tema dos prexuízos dentro da materia de VSC.
Esto é unha proba e poño este texto de exemplo. Dun programa feito no CEIP San Bartolomeu na formación do profesorado